RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Feira do viño » Feira do viño: 2007 »

Galego Español English Compartir

Feira do Viño do Ribeiro: 2007
Ribeiro.es

Presentación da XLIV Feira do Viño do Ribeiro

O Centro Galego de Barcelona foi o escenario escollido para o Acto da Presentación Oficial da XLIV Feira do Viño do Ribeiro o día 11 de abril de 2007.

O evento contou coa presenza de once adegas que trataron de mellorar a promoción dos viños do Ribeiro na zona para conseguir unha maior presenza no mercado catalán. Os adegueiros, en todo momento, estiveron arroupados polo Alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, polo Presidente do Consello Regulador, J.A. Bouza Escudero e polo xornalista Xosé María Campos, especializado en vinicultura, que actuou como pregoeiro das virtudes dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro.

Ao acto acudiron numerosas personalidades da vida pública da cidade condal e a Presentación da Feira do Viño 2007 foi considerada un éxito.

Inauguración da Feira do Viño do Ribeiro

A inauguración oficial tivo lugar o 28 de abril e correu a cargo do titular da Consellería do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, aínda que antes o actor Carlos Branco deu lectura ó pregón que indicaba o comezo do evento vitivinícola máis importante e prestixioso que celebra o Ribeiro.

Desenrolo da Feira do Viño do Ribeiro

Unha vez concluídos os actos oficiais iniciouse a festa de exaltación dos Viños do Ribeiro que tivo lugar na Alameda. Na feira participaron un total de 11 adegas e 14 colleiteiros. Ademáis houbo outros postos con ofertas de embutidos, queixos, etc, para acompañar a degustación dos viños.
Un dos momentos culminantes e con máis expectación na veterana feira do viño do Ribeiro é coñecer o resultado da Cata Oficial do Certame Vitivinícola.
A cata quedou pechada o 21 de abril tras dous días de intenso traballo por parte dos membros do panel de catadores, e cuios resultados estiveron custodiados por un notario ata a xornada de clausura. Neste ano 2007 presentáronse á cata oficial un total de 76 viños, e como ven sendo habitual nesta Denominación de Orixe, a inmensa maioría eran brancos. Pero tan esperados coma os resultados da Cata Oficial son os premios da Cata Popular que outorga o público que asiste ó evento. Na Cata Popular podían participar todas as persoas que quixeran nunha zona habilitada para a ocasión na Praza Maior de Ribadavia.
Participantes da Feira do Viño do Ribeiro
Ribeiro.esAdegas
Ribeiro Merlot Ibérica
Ribeiro Loeda
Ribeiro San Roque
Ribeiro Freijido S.L.
Ribeiro Barbantiño
Ribeiro A Portela S.A.T.
Ribeiro Cunqueiro S.L.
Ribeiro Pazo Casanova
Ribeiro Rodríguez Méndez S.L.
Ribeiro Pazo de Vieite
Ribeiro Vitivinícola do Ribeiro
Ribeiro.esColleiteiros
Ribeiro Antonio Cajide Gulín
Ribeiro Adega Parente García S.L.
Ribeiro Jaime López Vázquez
Ribeiro Beatriz Rodríguez González
Ribeiro María del Carmen Martínez Toro
Ribeiro Herederos de Jesús Freijido
Ribeiro María del Pilar Vázquez Pérez
Ribeiro Amalia Diéguez Martínez
Ribeiro Elisa Collarte Bernárdez
Ribeiro José González Álvarez
Ribeiro Pilar Rivera Vázquez
Ribeiro Manuel Formigo de la Fuente
Ribeiro Vicente Giráldez Fernández
Cata Oficial XLIV, ano 2007, colleita 2006. Premios da Cata Popular da Feira XLIV
Ribeiro.es

MARCA

ADEGA

Branco Adegas

1. Señorío da Vila Docampo, S.A.
2. Mouchiño Rivera, S. L.
3. Pazo do mar Pazo do Mar, S. L.

Branco Colleiteiros

1. Quinta do Avelino Adegas Parente García S. L.
2. Lagar do Meréns José Meréns Martínez
3. Finca Teira Manuel Formigo de la Fuente

Tinto Adegas

1. Viña Amoriño Selección Docampo, S. A.
2. Bantiño Único Barbantiño, S. L.
3. Viña do Campo Docampo, S. A.

Tinto Colleiteiros

1. Viña do Avo Antonio Cajide Gulin
2. Sameiras Antonio Cajide Gulin
3. Tarabelo Beniro Eladio Rodríguez Fernández

Mellores Viños Brancos

Teira X Pazos de Ulloa Cunqueiro III Milenium

Mellores Viños Tintos

Sameiras Bantiño Único Alen da Istoria
     
Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR