RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Feira do viño » Feira do viño: 2008 »

Galego Español English Compartir

XLV Feira do Viño do Ribeiro
Ribeiro.es

Presentación da XLV Feira do Viño do Ribeiro

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago foi o escenario escollido para o Acto da Presentación Oficial da XLV Feira do Viño do Ribeiro o día 20 de xuño de 2008.
O evento contou coa presenza de Alfredo Suárez Canal (conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia), Xabier Carreira (concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ribadavia) e Luis Anxo Rodríguez (presidente do C.R.D.O. Ribeiro).
Ao acto acudiron numerosos medios de comunicación e algúns adegueiros polo que a Presentación da Feira do Viño 2008 cumpliu coas expectativas.

Inauguración da Feira do Viño do Ribeiro

A inauguración oficial tivo lugar o 4 de xullo pola mañá e foi da man do vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, posteriormente tivo lugar lectura do pregón polo músico e director de cine Antón Reixa, que indicaba o comezo do evento vitivinícola máis importante e prestixioso que celebra o Ribeiro.
Pregón da feira do viño

Vou comezar polo final, que quede claro. Viva o Ribeiro, viva o viño do Ribeiro, viva a xente do Ribeiro.

E dito isto, volvo polo comezo.

E no principio, no principio do Planeta Terra, todo era océano, e o océano todo era viño, e o viño todo era do Ribeiro. E a xente era peixe, peixe no océano de viño do Ribeiro e nadaba, nadaba no océano de viño do Ribeiro e mergullábase, mergullábase libre no océano de viño do Ribeiro. E chegou un maremoto, o que fodeu as cousas foi un maremoto, un maremoto no océano de viño do Ribeiro, nada de Adán e Eva, a serpe e as mazás do Paradiso, senón un maremoto con forma de praga de filoxera, e formáronse os continentes, e a razón histórica e a xustiza poética quixeron que o océano de viño de Ribeiro pervivise aquí nas bocarribeiras do Miño e do Arnoia porque a liberdade é unha vide fecunda e unha alegría compartida de xente e de viño do Ribeiro.

E os curas e os ricos disputaron a propiedade do viño. O viño é o sangue de Cristo, aducían os curas pero faltou alguén que precisase que, de existir Cristo, sería un xudeo galego de Ribadavia. E Galicia ben podería gardar a memoria histórica das parénteses históricas felices porque o viño do Ribeiro calmou a sede libertaria do reino de Galicia cando Ribadavia foi a súa capital entre 1065 e 1071 despois de Cristo baixo o mandato de melancolía de García I.

O pasado do Ribeiro ben pode ser tamén unha metáfora do futuro autogobernado de Galicia. Porque o Ribeiro foi próspero e moderno cando exportaba viño a Gran Bretaña e cando habitaba aquí libre a comunidade xudea. Pero desde fóra alguén decidiu expulsar intolerante aos xudeos e facerlle guerra, arbitraria e inxusta como todas as guerras, aos británicos. E alá foi o progreso e alá foi a tolerancia.

Ribeiro, viño novo que se fai desde vello, Ribeiro, viño da xente que fai a xente do Ribeiro, Ribeiro oceánico de liberdade e creatividade cooperativas que recupera o seu sitio no mundo e na vida da xente, Ribeiro fresco e afrodisíaco, Ribeiro ardente que quece a intelixencia.

Ribeiro, líder en fabricar cadaleitos frotantes para navegar o océano da fin da vida. Ribeiro, volve ser oceánico e asolaga o mundo para que chova ou non chova sempre haxa viño, viño para a xente, xente de mundo, xente do Ribeiro para o mundo. Ribeiro, Ribeiro, que o saiba o mundo todo: aquí, no Ribeiro, as uvas non son para comer, son para beber, para beber solidarios o mundo da vida, que un maremoto de liberdade nos volva oceánicos e que no océano de viño do Ribeiro suba sempre a marea e por iso acabo como comecei:

Viva o Ribeiro.

Viva o viño do Ribeiro.

Viva a xente do Ribeiro.

ANTÓN REIXA. RIBADAVIA. 04.07.08

Desenrolo da Feira do Viño do Ribeiro

Unha vez concluídos os actos oficiais iniciouse a feira do Viño do Ribeiro que se celebrou no recinto feiral da Alameda de Ribadavia. Na feira participaron un total de 19 adegas (15 de forma presencial e 4 mediante un expositor non presencial) e 43 colleiteiros (25 de forma presencial e 18 de forma non presencial). Equipouse a feira con un stand degustación co fin de que o público puidese probar os viños que estaban nos expositores non presenciais.
O sábado reservouse as duas primeiras horas da mañá só para profesionais da hostalería, distribuidores e prensa especializada, co fin de que puidesen probar os viños dos adegueiros e colleiteiros máis cómodamente , e entablar relacións nun ambiente máis próximo.
Ás 13.00 horas do domingo fíxose entrega dos premios da cata oficial, cata popular e do concurso de escaparates. A cata oficial quedou pechada o día 25 de xuño e os resultados estiveron custodiados por unha notario ata o día da entrega. A cata popular celebrouse ao longo do sábado na igrexa da Madalena. Este ano só se pudieron presentar ás catas as adegas participantes na feira do viño. O acto de clausura celebrouse o domingo as 21.30 horas.
Participantes da Feira do Viño do Ribeiro
Ribeiro.esAdegas
Ribeiro A Portela S.A.T.
RibeiroBodegas Campante, S.A.
RibeiroBodegas do Campo, S.A.
RibeiroBodegas Loeda, S.L.
RibeiroBodegas O’Ventosela, S.L.
RibeiroCastro Rei, S.L.
RibeiroGonzalez Vázquez, Javier
RibeiroMaría Álvarez Serrano.
RibeiroMerlot Ibérica, S.L.
RibeiroMontero & Rey, S.A.T.
RibeiroPazo Casanova
RibeiroPazo de Vieite
RibeiroRodríguez Méndez S.L.
RibeiroSan Roque
RibeiroVitivinícola do Ribeiro
Ribeiro.esMini Stands
RibeiroAlemparte
RibeiroNairoa, S.L.
RibeiroPazo do Mar, S.L.
RibeiroViña Meín, S.L.
Ribeiro.esColleiteiros
RibeiroAdegas Manuel Rojo, S.L.
RibeiroAdegas Parente Garcia
RibeiroAdegas Valdavia, S.L.
RibeiroAlbor Rodríguez, Alfonso
RibeiroCajide Gulín, Antonio
RibeiroCollarte Bernárdez, Elisa
RibeiroDieguez Martínez, Amalia
RibeiroDocampo Dieguez, Emilio
RibeiroEstévez Fernández,José
RibeiroFernández Rodríguez, S.C.
RibeiroFernández Sousa, Francisco
RibeiroFormigo de la Fuente, Manuel
RibeiroGarcía Carrasco, Manuel
RibeiroGiráldez Fernández, Vicente
RibeiroGonzález Alvarez, José (Lalón)
RibeiroHerederos de Jesús Freijido, S.L.
RibeiroIglesias Quintela, Carmen
RibeiroMerens Martinez, José
RibeiroPazo Tizón, S.L.U
RibeiroRivera Vázquez, Pilar (Val do Deva)
RibeiroRodríguez Fernández, Benito Eladio
RibeiroRodríguez González, Beatriz
RibeiroVázquez Pérez, Mª do Pilar
Ribeiro.esMini Stands
RibeiroBlanco Pérez, José Manuel
RibeiroBocija Carnero, Luis Manuel
RibeiroBodegas Merencio, S.L.
RibeiroGarcía Pérez, Francisco Rafael
RibeiroHerederos de Avelino Lorenzo
RibeiroLópez González, Aurora
RibeiroMartínez Toro, Mª Carmen
RibeiroMontero Sobrino, Antonio
RibeiroNores Pérez, Jesús
RibeiroProducións Amodiño
RibeiroRodríguez Alvarez, Odilo
RibeiroRodríguez Pérez, José Luis
RibeiroRodríguez Vázquez, Luis Anxo
RibeiroValdepuga, S.L.
RibeiroVázquez Quintela, Julio
RibeiroVilerma, C.B.
RibeiroVillanueva Cobelas, Dolores
RibeiroVillar Fermández, José
Cata Oficial XLV, ano 2008, colleita 2007. Premios da Cata Popular da Feira XLV
Ribeiro.es

MARCA

ADEGA

Branco Adegas

1. Divino Rei Bodegas Castro Rei, S.L.
2. Beade Primacía Bodegas A Portela, S.A.T.
3. Terra do Castelo Seleccción Bodega Cooperativa San Roque de Beade, S.C.G.

Branco Colleiteiros

1. Terra Minei Francisco Fernandez Sousa
2. Finca Teira Manuel Formigo de la Fuente
3. Mauro E. Álvarez José Estévez Fernández

Tinto

1. Viña do Avó Antonio Cajide Gulín
2. Rechamante María del Pilar Vázquez Pérez
3. Sameirás Antonio Cajide Gulín

Mellores Viños Brancos Colleiteiros

Casal de Paula de Emilio Docampo Diéguez Lagar do Meréns de José Meréns Matínez Leive de Manuel García Carrasco

Mellores Viños Brancos Adegas

Beade Primacía de A Portela S.A.T. Terra do Castelo Selección de San Roque S.C.G. Viña do Campo de Docampo S.A.

Mellores Viños Tintos

Senso Vadío de Emilio Docampo Diéguez Tarabelo de Benito Eladio Rodríguez Fernández Viña do Campo de Docampo S.A.
     
Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR