RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Historia »

Galego Español English Compartir

Historia do Ribeiro
Ribeiro.es

Ribeiro

San Clodio

Dende antigo o cultivo do viñedo é a principal fonte de riqueza e a razón de ser da comarca, aínda que non se sabe cal é a orixe das peculiares e únicas variedades autóctonas do Ribeiro, pero si se sabe por testemuño de Estrabón, que alá pola metade do século II antes de Cristo xa se elaboraba viño do Ribeiro. Xa os romanos ao paso das súas lexións por estas terras, puxeron na mesa dos emperadores romanos os viños do Ribeiro.

Pero se alguén merece un recoñecemento especial na nosa memoria histórica estes son os monxes do Císter. Estos relixiosos que se asentaron en San Clodio, no municipio de Leiro e construíron un mosterio no que viviron ata non fai moitos anos e que agora está convertido en hotel monumento foron os que observando o enorme potencial do Ribeiro, ocupáronse con gran agarimo e esmero do coidado e estudo das variedades autóctonas que hoxe en día nos dan prestixio en todo o mundo.

É de salientar que o abade do mosteiro de San Clodio, Pelagio González, a metade do século XII, indicase no seu testamento cal fora a inxente labor de reimplantación do viñedo e presumise da gran calidade dos viños do Ribeiro, que ao amparo do Camiño do Santiago, chegaran a Europa da man de comerciantes xudíos, que tamén á súa vez deixaron en Ribadavia o seu gran legado histórico e monumental.

Ademáis do efecto impusor do mosteiro de San Clodio, hai que citar aos monxes do mosteiro de Oseira, tamén chamado o Escorial Galego, que aínda que non se encontre dento dos límites xeográficos da Denominación de Orixe Ribeiro, os monxes que o habitaban desplazáronse ás zonas do Ribeiro bañadas polo río Miño e alí asentaron numerosas granxas e prioratos que se adicaban ao cultivo da vide. Aínda existen documentos dos séculos XII e XIII nos que os monxes de Oseira asinaron contratos con distintos propietarios de terreos no Ribeiro para a plantación de viñedo.

   
Esta zona pouco afectada pola invasión musulmá tivo unha verdadeira continuidade e progresión no cultivo do viñedo desde a época romana, para chegar ao seu máximo esplendor nos séculos XV e XVI cando o viño converteuse nunha das maiores riquezas do Ribeiro, cultivándose e elaborándose con gran intensidade e perfección, gozaba dun gran prestixio, exportándose por toda España e Europa, a Francia, Portugal, Italia e especialmente a Gran Bretaña. Transportábase en balsas e en carruaxes para o embarque nos portos, sendo a navegabilidad do río Miño fundamental para a economía do Ribeiro. En 1592 xa temos constancia documental do embarque en Ferrol con destino a América de 127 pipas de viño Ribeiro a 190 reais.

As bondades dos nosos viños víronse reflectidas naquelas épocas en todos os aspectos da vida cotiá e o fiel reflexo diso son as numerosas mencións que na literatura quedaron, como aquela do personaxe de Cervantes, licenciado vidreira que atopou viño do Ribeiro nunha taberna genovesa, "máis viños nomeou o hóspede, e máis lles deu, que puido ter nas súas adegas o mesmo baco".

Ribeiro

   
Ribeiro Con todo o Ribeiro viuse afectado como o resto do Estado en 1850 coa praga de oidium, que en pouco tempo diezmó as plantacións. A isto uniuse en 1892 o mildiu e a filoxera, que veu a empobrecer un panorama glorioso. As variedades autóctonas empezaron entón a ceder terreo a outras de menos categoría pero máis sufridas, inapropiadas pero resistentes e o viñedo cedeu protagonismo e a emigración converteuse na máis triste alternativa.

Fronte a este pasado actualmente o Ribeiro volve polos seus foros e rexorde con forza apostando polas variedades autóctonas que lle deron nome, coa recuperación e creación de antigas e novas plantacións mediante programas de reconversión e reestruturación, e coa continua implantación de novas adegas e mellora das xa existentes, mediante a incorporación da máis alta tecnoloxía sempre enfocada á mellora da calidade e obtención da máxima expresión das variedades autóctonas, sen perder a tradición ben entendida dos grandes viños do Ribeiro.
   
Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR