RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Variedades de uva » Uva branca »

Galego Español English Compartir

Variedades de uva branca
Ribeiro.es

Ribeiro

RibeiroAlbilla
Variedade amplamente repartida pola península con diferentes sinonimias sendo máis coñecida como Albillo; non é autóctona do Ribeiro e é moi pouco representativa na denominación, a súa utilización sempre é como complementaria.

Variedade de porte erguido, fertilidade e vigor medio, a súa brotación temperá faina sensible ás xeadas tardías. O seu ciclo de maduración é curto e obtéñense boas maduracións. É pouco sensible ás enfermidades criptogámicas.
Características
Ribeiro.es
Ribeiro.esACIO:
RibeiroTamaño: Pequeno
RibeiroCompacidade: Compacto
RibeiroLonxitude pendicular: Moi curto
Ribeiro.esBAIA
RibeiroTamaño: Pequena
RibeiroUniformidade tamaño: Uniforme
RibeiroCor epidermis: Verde amarela
RibeiroForma do perfil: Circular
RibeiroSeparación pedicelo: Difícil
RibeiroGrosor pel: Fina
RibeiroPigmentación pulpa: Ausente
RibeiroConsistencia pulpa: Mol
RibeiroSuculencia pulpa: Moi xugosa
RibeiroSabores particulares: Ningún
RibeiroFormación pepitas: Presentes
Ribeiro.esSARMENTO
RibeiroCor: Marrón
RibeiroRelieve superficie: Estriado
 
Máis información:

Os viños que produce alcanzan altas gradacións alcohólicas que chegan aos 13 ou 14 º alcohólicos, pero non manteñen ben a acidez resultando un pouco escasa. Teñen un importante achegue glicérico e aromáticamente non é intensa destacando as notas ameladas e froitos de óso.

Na D.O. Ribeiro é moi pouco representativa e utilízase como complementaria mesturándose con outras variedades máis frescas, achegando sedosidade e volume ao conxunto.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR