RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Variedades de uva » Uva branca »

Galego Español English Compartir

Variedades de uva branca
Ribeiro.es

Ribeiro

RibeiroLoureira
É a cuarta variedade branca autóctona de maior representación na zona. É unha variedade de marcado carácter complementario achegando intensidade e complexidade aromática con destacadas notas florais, cítricas, especiadas e balsámicas, aínda que en boca a súa achega é pobre.

Variedade vigorosa de porte semierguido, ten unha brotación moi precoz e un ciclo de maduración longo. O seu vigor e a súa fertilidade son medios, cunhas producións que roldan os 12 ou 13 Tn/Ha. Prefire os chans soltos e resiste ben a sequía. Ten sensibilidade media ao mildiu, ao oidio e á Botrytis cinerea.
Características
Ribeiro.es
Ribeiro.esACIO:
RibeiroTamaño: Medio
RibeiroCompacidade: Medio
RibeiroLonxitude pendicular: Moi corto
Ribeiro.esBAIA
RibeiroTamaño: Pequena
RibeiroUniformidade tamaño: Uniforme
RibeiroCor epidermis: Verde amarela
RibeiroForma do perfil: Circular
RibeiroSeparación pedicelo: Difícil
RibeiroGrosor pel: Grosa
RibeiroPigmentación pulpa: Ausente ou moi débil
RibeiroConsistencia pulpa: Mol
RibeiroSuculencia pulpa: Moi xugosa
RibeiroSabores particulares: Gusto especial
RibeiroFormación pepitas: Presentes
Ribeiro.esSARMENTO
RibeiroCor: Marrón amarelado
RibeiroRelieve superficie: Lisa
 
Máis información:

Os viños que produce son moi aromáticos e as sensacións en boca son sinxelas de pouco volume e extracto, aínda que ten un bo potencial en acidez fixa que rolda os 6 ou 8 gramos por litro de acidez total expresada en ácido tartárico con importante participación do ac. Málico. O seu contido alcohólico é escaso alcanzando como media os 11 % vol.

Na D. O. Ribeiro é utilizada como sempre como complementaria e non adoita exceder do 10 - 15 % do conxunto, achegando gran complexidade e intensidade aromática así como frescor e lixeireza.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR