RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Variedades de uva » Uva branca »

Galego Español English Compartir

Variedades de uva branca
Ribeiro.es

Ribeiro

RibeiroTorrontés
É a segunda variedade branca autóctona máis utilizada no Ribeiro, é propia da zona; é unha variedade bastante completa que achega certas peculiaridades organolépticas. Adoita utilizarse para dar complexidade ás distintas mesturas sendo raros os monovarietais.

A brotación desta cepa é precoz polo que resultan sensible ás xeadas primaverais que afectan á zona algúns anos e o seu ciclo de maduración é curto. É bastante produtiva entre 14 e 15 Tn/Ha e presenta moderado desenvolvemento vexetativo polo que pode sufrir mirrado ou vecería, sendo a súa zona de plantación máis adecuada as terras lixeiras de ladeira con certa humidade. É moderadamente sensible ao mildiu e ao oidio, e é bastante sensible á Botrytis cinerea e ao corremento.
Características
Ribeiro.es
Ribeiro.esACIO:
RibeiroTamaño: Mediano
RibeiroCompacidade: Media
RibeiroLonxitude pendicular: Moi corto
Ribeiro.esBAIA
RibeiroTamaño: Mediano
RibeiroCor epidermis: Verde amarela
RibeiroForma do perfil: Circular
RibeiroSeparación pedicelo: Moi sinxela
RibeiroPigmentación pulpa: Ausente
RibeiroSabores particulares: Gusto especial
RibeiroFormación pepitas: Presentes
Ribeiro.esSARMENTO
RibeiroCor: Marrón
RibeiroRelieve superficie: Lisa
 
Máis información:

Os viños que produce son moi aromáticos e peculiares, con cheiros predominantes frutais e florais poden alcanzar con facilidade 12 – 13 % vol. De contido alcohólico, cunha conservación da acidez total moderada que rolda os 4 - 5 gramos por litro expresado en ácido tartárico. En boca son algo lixeiros e deixan un elegante e tenue recordo amargo.

Ten lixeira tendencia a evolucionar con certa rapidez, polo que necesitan o achegue de variedades de maior estrutura e contido acedo, sendo normalmente utilizada como complementaria, mesturándose con outras variedades autóctonas ás que lle achega principalmente complexidade aromática e lixeireza.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR