RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Variedades de uva » Uva tinta »

Galego Español English Compartir

Variedades de uva tinta
Ribeiro.es

Ribeiro

RibeiroBrancellao
É a terceira variedade tinta autóctona do Ribeiro de maior representación na zona, con boa expresión aromática e achegue glicérico e escaso achegue polifenólico. Utilízase como complementaria achegando entre outros complexidade aromática e graxa.

Agronómicamente é unha variedade de produción media, de porte semierguido e horizontal. Con facilidade para alcanzar a maduración o seu ciclo é algo longo con desborre temperán e maduración media.

A súa resistencia fronte á Botrytis é alta, media para o Mildiu e escasa fronte ao Oídio.

Características
Ribeiro.es
Ribeiro.esACIO:
RibeiroTamaño: Medio
RibeiroCompacidade: Media (solta)
RibeiroLonxitude pendicular: Curto
Ribeiro.esBAIA
RibeiroTamaño: Medio
RibeiroUniformidade tamaño: Uniforme
RibeiroCor epidermis: Vermello - violeta
RibeiroForma do perfil: Elíptica curta
RibeiroSeparación pedicelo: Relativamente sinxela
RibeiroGrosor pel: Grosa
RibeiroPigmentación pulpa: Ausente
RibeiroConsistencia pulpa: Mol
RibeiroSuculencia pulpa: Xugosa - moi xugosa
RibeiroSabores particulares: Ningún
RibeiroFormación pepitas: Presentes
Ribeiro.esSARMENTO
RibeiroCor: Marrón amarelado
RibeiroRelieve superficie: Lisa - estriada
 
Máis información:

As súas boas aptitudes para a maduración permite a obtención de mostos cun alto contido en azucres e unha acidez media, producindo viños aromáticos, con corpo, grasos e untuosos de pouca estrutura.

A súa utilización é como complementaria, mesturándose con outras variedades de maior contido polifenólico, achegando complexidade aromática onde destacan os cheiros a froitos vermellos e equilibrio sápido potenciando a untuosidade, volume e graxa do conxunto. A falta de contido polifenólico da variedade non permite a elaboración de crianzas.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR