RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Variedades de uva » Uva tinta »

Galego Español English Compartir

Variedades de uva tinta
Ribeiro.es

Ribeiro

RibeiroFerrón
Tamén chamada Ferrol, é unha variedade tinta autóctona da D.O. Ribeiro cunha expresión moi completa, achegando aroma e boca aos viños. Adoita utilizarse mesturada oportunamente con outras variedades como é o máis común no Ribeiro, pero é apta para elaboracións monovarietais.

Agronómicamente é unha variedade difícil, de vigor, fertilidade e produtividade media; adáptase ben a terreos soltos, ten un bo comportamento en poda longa sempre que se controle a produción, é medianamente sensible á seca e moi sensible ao vento e ao golpe de sol e a súa época de desborre e maduración son medias.

Con respecto ás enfermidades ofrece resistencia boa ante o Mildiu, baixa á Botrytis e baixa ao Oídio.

Características
Ribeiro.es
Ribeiro.esACIO:
RibeiroTamaño: Mediano
RibeiroCompacidade: Media - compacta
RibeiroLonxitude pendicular: Moi curto
Ribeiro.esBAIA
RibeiroTamaño: Pequeno mediano
RibeiroUniformidade tamaño: Uniforme
RibeiroCor epidermis: Azul - negra
RibeiroForma do perfil: Circular
RibeiroSeparación pedicelo: Difícil
RibeiroGrosor pel: Media
RibeiroPigmentación pulpa: Ausente
RibeiroConsistencia pulpa: Lixeiramente dura
RibeiroSuculencia pulpa: Moi xugosa
RibeiroSabores particulares: Ningún
RibeiroFormación pepitas: Presentes
Ribeiro.esSARMENTO
RibeiroCor: Marrón
RibeiroRelieve superficie: Lisa - estriada
 
Máis información:

Obtéñense boas maduracións con gradacións de 12 - 13 % vol. e con excelente mantemento da acidez proporcionando viños equilibrados, frescos, con moita personalidade, aromáticos, destacando os recordos a froita vermella, fresas, cereixas, frambuesa… e ata notas de herbas aromáticas e especias; en boca teñen unha boa estrutura e corpo.

Normalmente utilízase mesturada con outras variedades, como complementaria ou como base, achegando moita calidade ao conxunto, aínda que é perfectamente apta para a elaboración de monovarietais xa que é unha variedade moi completa. O seu bo contido poloifenólico e de acidez fai que sexa unha variedade moi apta para a crianza.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR