RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Variedades de uva » Uva tinta »

Galego Español English Compartir

Variedades de uva tinta
Ribeiro.es

Ribeiro

RibeiroGarnacha tintorera
Denominada máis correctamente Alicante Bouschet, esta variedade repártese amplamente por distintas zonas da península. Diferénciase polo súa pulpa coloreada e capacidade colorante e entra en Galicia quizais pola mencionada calidade e por un enfoque produtivo, pero resulta pouco compatible co clima polo que actualmente está en proceso de eliminación.

É unha variedade de porte ergueito e vigor medio, moi fértil que normalmente dá producións altas, de ciclo longo cunha brotación temperá e maduración tardía necesitando climatoloxías con abundantes horas de sol. É moi sensible ao mildiú, excoriosis, vento e corremento, moderadamente á botrytis e pouco ao oídio e á seca.
Características
Ribeiro.es
Ribeiro.esACIO:
RibeiroTamaño: Grande
RibeiroCompacidade: Media
RibeiroLonxitude pendicular: Curto
Ribeiro.esBAIA
RibeiroTamaño: Medio
RibeiroUniformidade tamaño: Uniforme
RibeiroCor epidermis: Azul - negra
RibeiroForma do perfil: Circular
RibeiroSeparación pedicelo: Difícil
RibeiroGrosor pel: Media
RibeiroPigmentación pulpa: Forte
RibeiroConsistencia pulpa: Mol - lixeiramente dura
RibeiroSuculencia pulpa: Moi xugosa
RibeiroSabores particulares: Ningún
RibeiroFormación pepitas: Presentes
Ribeiro.esSARMENTO
RibeiroCor: Amarelo
RibeiroRelieve superficie: Estriada
 
Máis información:

Os viños que produce teñen unha moi importante carga cromática e nas latitudes galegas é difícil alcanzar as maduracións necesarias para domar a súa importante expresión vexetal; mantén moi ben a acidez e achega unha boa aromática froiteira e floral.

Na D.O. Ribeiro o seu cultivo está en receso. Utilízase mesturada con outras variedades onde achega cor e acidez ou como monovarietal.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR