| Máis
información: Os viños
monovarietais que produce son
finos, elegantes e afrutados
recordándonos principalmente a
pequenos froitos do bosque
vermellos e negros. Pode
alcanzar altas gradacións que
roldan os 12 - 14 º alcohólicos
e normalmente constan dunha
acidez total lixeira de 4 a 4.5
g/l expresada en ácido tartárico
e pouca estrutura polifenólica,
resultando viños novos algo
golosos e de paso fácil, con
pouca aptitude para a crianza.
Na D.O. Ribeiro adoita ser
mesturada con outras variedades
autóctonas de maior potencial
polifenólico e acidez que lle
proporcionan complexidade, boa
estrutura e unha maior e mellor
evolución no tempo. |