RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Variedades de uva » Uva tinta »

Galego Español English Compartir

Variedades de uva tinta
Ribeiro.es

Ribeiro

RibeiroSousón
É unha das variedades tintas autóctonas en auxe no Ribeiro, sendo actualmente a primeira en produción, cun gran potencial polifenólico. Non a adoitamos atopar como monovarietal pero sí como base en distintas proporcións para o desenvolvemento de interesantes, distintos e peculiares viños.

Agronómicamente é unha planta con pouco vigor, resistente á seca adaptándose ben a terreos soltos, ten unha fertilidade media e pouca produtividade (8 - 11 Tn/Ha). A súa época de brotación é media tardía e o seu ciclo de maduración é longo polo que a súa localización predomina en zonas propicias para a maduración temperá. Ten sensibilidade alta ao Oídio, media ao Mildiu e baixa á Botrytis.
Características
Ribeiro.es
Ribeiro.esACIO:
RibeiroTamaño: Pequeno
RibeiroCompacidade: Media (solta)
RibeiroLonxitude pendicular: Curto
Ribeiro.esBAIA
RibeiroTamaño: Pequeno
RibeiroUniformidade tamaño: Uniforme
RibeiroCor epidermis: Azul - negra
RibeiroForma do perfil: Circular - acumiñada
RibeiroSeparación pedicelo: Difícil
RibeiroGrosor pel: Fina - media
RibeiroPigmentación pulpa: Lixeira
RibeiroConsistencia pulpa: Mol
RibeiroSuculencia pulpa: Moi xugosa
RibeiroSabores particulares: Ningún
RibeiroFormación pepitas: Presentes
Ribeiro.esSARMENTO
RibeiroCor: Marrón avermellado
RibeiroRelieve superficie: Lisa - estriada
 
Máis información:

É necesario que alcancen maduracións máis ou menos intensas segundo o tipo de viño a desenvolver e evitar sensacións herbáceas nas maceracións longas que permite a variedade.

Os seus viños poden alcanzar altas gradacións alcohólicas entre 12.5 - 14 º, conservando unha excelente acidez total 6 - 8 g/l expresada en ácido tartárico, pero a súa característica máis representativa é o seu alto contido polifenólico que proporciona unha excelente estrutura e intensa coloración.

Desde o punto de vista aromático destacan a presenza de froitos negros como a moura e o casis e florais, de intensidade moderada.

Os seus viños teñen unha moi boa evolución no tempo e presentan excelente aptitude para a crianza en madeira; a maioría son plurivarietais con diferentes porcentaxes doutras variedades autóctonas, que lle achegan fundamentalmente complexidade aromática.

Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR