O Viño
Branco do Ribeiro,
representa máis dun 85% da
producción da Denominación de
Orixe, é o viño dos viños,
recoñecido internacionalmente
como un dos mellores brancos do
mundo:
Á vista preséntansenos
como uns viños limpos e
transparentes, brillantes á luz.
As súas tonalidades abarcan
distintos amarelos, desde o
pálido ata o corpalla, case sempre
con reflexos verdosos que nos
falan da súa frescura.
En nariz atopámonos cuns
viños de gran elegancia,
sutileza e á vez complexidade,
prodigando exquisitos aromas de
distintas froitas, flores,
balsámicos, especiados…
En boca entrégannos un
magnífico padal cun equilibrado
paso e unhas agradables
sensacións de finura e
delicadeza, resultando un
conxunto fresco, saboroso e
aromático, que se conxuga coa
súa boa persistencia e harmonía
para ofrecernos un grolo longo e
elegante.
Os brancos do Ribeiro son viños
moi sólidos que asociamos case
sen pensalo aos mariscos e
peixes, sendo tamén perfecto a
maridaxe con queixos suaves,
embutidos de pasta branca, e en
xeral pratos de sapidez non moi
intensa. |