RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Viños » Viño tinto »

Galego Español English Compartir

Viños do Ribeiro: Viño Tinto
Ribeiro.es

Ribeiro

O Viño Tinto do Ribeiro representa menos dun 15% da producción da Denominación de Orixe. É un viño auténtico, con personalidade propia, que se escapa das modas. Non é moi coñecido ao ser consumido case unicamente en Galicia, aínda que a súa gran peculiaridade e calidade, están xerando un considerable aumento da súa demanda e consecuentemente da súa producción.

Visualmente son vivos, de moita capa e con tons brillantes de vermello picota, case sempre con intensos reflexos violáceos que denotan o seu frescor.

En nariz resultan intensos, á vez que elegantes, peculiares e de gran complexidade, con predominio de cheiros afrutados que nos recordan a froitas vermellas e negras, notas florais de violetas e pétalos de rosa, lácteos finos, regaliz, especias, balsámicos…

En boca preséntanse amplos e moi expresivos, con excelente carácter e poderosa carga tánica que os fai estruturados e carnosos; no seu paso ábrense, resultando moi aromáticos, intensos e saborosos, cun punto de acidez que potencia a súa frescor e equilibrio, para rematar moi lentamente, con gran persistencia e grato recordo.

Os Tintos do Ribeiro harmonizan e enxalzan todo tipo de carnes, queixos, embutidos, curados, afumados e en xeral pratos de certa intensidade sápida ou carga de graxa.

Os nosos viños
Ribeiro.es
Ribeiro Ribeiro Ribeiro
RibeiroViño branco
Representa máis dun 85% da producción da Denominación de Orixe.
RibeiroViño tinto
Son viños auténticos con personalidade propia que se escapan das modas.
RibeiroViño tostado
A súa producción é moi pequena, laboriosa e complexa, é unha xoia da enoloxía.
Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR