RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Viños » Viño tostado »

Galego Español English Compartir

Viños do Ribeiro: Viño Tostado
Ribeiro.es

Ribeiro

O viño Tostado do Ribeiro é un viño naturalmente doce, para a súa elaboración unicamente utilízase o mosto procedente da selección das mellores uvas convenientemente pasificadas a cuberto.
A súa producción é moi pequena, laboriosa e complexa, resultando unha auténtica xoia da enoloxía de características únicas.

Visualmente son brillantes e de marcada viscosidade, con tonalidades de tendencia a tostados, que van desde o dourado, ámbar, ata o caoba.

Olfativamente son intensos, extremadamente complexos e peculiares, con excelente integración da madeira utilizada na maduración. Dentro dos descriptores olfativos pódense destacar froitas pasificadas, froitos secos, torrefactos, mel, flores amarelas, doce de marmelo, pel de laranxa confitada, melón maduro...

Gustativamente son concentrados, cunha agradable entrada doce e cálida, que evoluciona e compénsase no seu paso combinándose con sensacións saborosas e frescas para resultar moi equilibrados e amplos. O seu tacto é untuoso, graxo e aterciopelado, e todo poténciase cunha magnífica e intensa aromática retronasal, resultando moi profundos e longos.

O Tostado do Ribeiro harmoniza perfectamente con todo tipos de doces, chocolates, froitos secos, queixos, foie, xeados e en xeral con pratos que permitan un doce fresco.

As características Físico/Químicas básicas do viño Tostado do Ribeiro son:
- O grao alcohólico volumétrico adquirido non será inferior de 13% vol.
- Os azucres residuais mínimos non serán inferiores a 70 gramos por litro.
RibeiroInformación adicional
Ribeiro.es
Os nosos viños
Ribeiro.es
Ribeiro Ribeiro Ribeiro
RibeiroViño branco
Representa máis dun 85% da producción da Denominación de Orixe.
RibeiroViño tinto
Son viños auténticos con personalidade propia que se escapan das modas.
RibeiroViño tostado
A súa producción é moi pequena, laboriosa e complexa, é unha xoia da enoloxía.
Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR