RIBEIRO
Ribeiro

Ribeiro
>ribeiro.es > Portada » Viños »

Galego Español English Compartir

Viños do Ribeiro
Ribeiro.es

Ribeiro

Os viños do Ribeiro nacen do viñedo, do terruño e da mestura de variedades únicas, autóctonas, que se adaptaron ao longo dos séculos ás características da Denominación de Orixe para dar o mellor de sí mesmas. Os viños do Ribeiro modelaron primeiro a paisaxe e as vidas das xentes que os coidan.

O Ribeiro, para ser o que é pediu traballo, dedicación e desvelos. Agora o Ribeiro sae ao encontro das xentes para ofrecer a súa propia alegría, a súa aromática transparencia e os seus reflexos verdes e violáceos para ofrecer sobre todo, o sabor intenso dunha terra que ama o que é e o que fai.

Dos viños do Ribeiro, hai que destacar a diversidade que se xera nesta Denominación potenciada polos numerosos pagos, adegas e variedades, así como pola experiencia e o bo facer intrínseco dunha comarca que vive para e pola viticultura desde a invasión romana. Esperados sempre coa expectación inherente a unha recoñecida fama xa lendaria, os bos viños do Ribeiro son froito das sabias combinacións das súas uvas autóctonas, endémicas e posuidoras dunha acusada personalidade que os fai únicos, peculiares. Estas características mencionadas do Ribeiro fan que sobresaia no actual mercado vinícola, onde predominan viños extremadamente homoxéneos, monótonos e de pouca personalidade.

Anadas
Ribeiro.es
Ribeiro.esEXCELENTE Ribeiro.esMOI BOA Ribeiro.esBOA Ribeiro.esREGULAR
1998
2000
2003
2007
2008

 

1994
1999
2001
2002
2004
2005
2006
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1995
1996
1997
 
Os nosos viños
Ribeiro.es
Ribeiro Ribeiro Ribeiro
RibeiroViño branco
Representa máis dun 85% da producción da Denominación de Orixe.
RibeiroViño tinto
Son viños auténticos con personalidade propia que se escapan das modas.
RibeiroViño tostado
A súa producción é moi pequena, laboriosa e complexa, é unha xoia da enoloxía.
Ribeiro

Aviso legal | Política de privacidade

© 2008 Consello Regulador do Ribeiro - Todos os dereitos reservados. Deseño e programación Grupo5.com

Contacto | Mapa do Web

RIBEIRO
 i
 INFORMACIÓN
CERRAR