A D.O. Ribeiro recibe 23 galardóns no Certame Internacional de Viños Brancos Galegos

A D.O. Ribeiro recibe 23 galardóns no Certame Internacional de Viños Brancos Galegos

A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu un total de 23 galardóns no Certame Internacional de Viños Brancos Galegos, concurso paralelo ao de Tempranillos al Mundo 2016, no que participaron preto de 150 viños brancos de tódalas DD.OO. galegas e que se desenvolveu integramente no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. A D.O. Ribeiro logrou un Gran Tempranillo de Oro, 10 Tempranillos de Oro e 12 Tempranillos de Plata.

O Certame de Viños Brancos Galegos inclúese no Concurso Tempranillos al Mundo
A novena edición do Concurso Internacional Itinerante Tempranillos al Mundo e a primeira edición do Certamen Internacional de Vinos Blancos Gallegos celebráronse conxuntamente do 8 ao 10 de novembro en Ourense contando cun xurado profesional formado por 25 expertos catadores. O concurso de brancos realizouse co principal obxectivo de que os catadores coñecesen as virtudes das variedades de uva branca autóctonas da zona.
O Concurso Internacional Tempranillos al Mundo, organizado conxuntamente nesta edición pola Federación Española de Asociaciones de Enólogos (FEAE) e a Asociación Gallega de Enólogos (AGE), contou con preto de 500 mostras entre os dous concursos e xa se ten celebrado en cidades como Copenhague, Colonia, Shanghai, París, Nueva York ou Estocolmo e inclúe agora Ourense ao seu listado.

LISTADO DE PREMIADOS D.O. RIBEIRO

GRAN TEMPRANILLO DE ORO VINOS BLANCOS GALLEGOS 2016
Sanclodio – PRODUCIÓNS A MODIÑO
TEMPRANILLO DE ORO VINOS BLANCOS GALLEGOS 2016
Ramón do Casar – ADEGA RAMÓN DO CASAR
Canción de Elisa – ADEGA DONA ELISA
Javier Vasallo – JADE CONSULTING
Alter – VIÑA DA CAL
Mauro Estévez – JOSÉ ESTÉVEZ FERNÁNDEZ
Pazos de Albor – MÓNICA ALBOR LÓPEZ
Armán Finca os Loureiros – CASAL DE ARMÁN
Casal de Armán – CASAL DE ARMÁN
Manuel Rojo – ADEGA MANUEL ROJO
Gotas de Mar – Godello – ADEGA RAMÓN DO CASAR

TEMPRANILLO DE PLATA VINOS BLANCOS GALLEGOS 2016
Ramón do Casar Nobre – ADEGA RAMÓN DO CASAR
Ramón do Casar Treixadura – ADEGA RAMÓN DO CASAR
Son de Arrieiro – XULIA MAR BANDE PIVIDA
Gran Alanís – BODEGA ALANÍS
Priorato de Razamonde – VIÑA DA CAL
Farnadas – PAZO DE VIEITE
Benedictus Fructus – ADEGA VAL DE SOUTO
Expresión de Pazo do Mar – ADEGA PAZO DO MAR
Colección 68 – VIÑA COSTEIRA
3URA – CAMPANTE
Val de Nairoa – BODEGAS NAIROA
Cunqueiro III Milenium – BODEGAS CUNQUEIRO

Máis información: http://www.federacionenologos.es/galardonados-tempranillos-al-mundo-2016/