Aberto o prazo para participar no concurso de carteis para a 52ª Feira do Viño do Ribeiro

Aberto o prazo para participar no concurso de carteis para a 52ª Feira do Viño do Ribeiro

O prazo para participar será o próximo 23 de febreiro ás 14:00 horas.

A convocatoria está aberta a creativos de caquera nacionalidade; que para  participar, deberán presentar obras inéditas orientadas á exaltación do viño.

A obra gañadora; que recibirá un premio de 1.500 €, farase pública o 26 de febreiro.

Todas as obras seleccionadas nunha primeira rolda polo xurado formarán parte dunha mostra que se inaugurará en Ribadaviacoincidindo coas datas de celebración da feira.

Máis información e bases:  descargar as bases completas.

Sorte a todos os participantes!