Quince viños da D.O. Ribeiro valorados con máis de 90 puntos na Guía ABC 2015

Quince viños da D.O. Ribeiro valorados con máis de 90 puntos na Guía ABC 2015

A Guía de Vinos ABC 2015, que saiu ao mercado recentemente xunto co diario, valorou con 90 puntos ou máis a 15 viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Unha característica clave desta guía é que nela se seleccionan os viños tendo en conta, ademais da súa calidade, tamén o seu prezo, por elo ningún dos que aparece nesta guía de viños sobrepasa os 35 euros.

Esta é unha publicación especializada dirixida a todo tipo de público, de fácil entendemento e que rapidamente dá unha visión xeneralizada dos viños por Denominación de Orixe, prezo e anada. Nela non se observa unha difícil linguaxe con tecnicismos xa que o seu obxectivo principal é que o público se anime a tomar viño e goce con elo.

Listado de adegas e viños incluídos na Guía:

Adega do Moucho

*2012 / Adega do Moucho / 95 / B

Adega Manuel Formigo

*2013/ Finca Teira / 90 / B

Casal de Armán

*2013 / Casal de Armán / 91 / B

*2012 / Armán Finca Misenhora / 93 / B

Coto de Gomariz

*2013 / Gomariz X / 93 / B

*2010 / Superhéroe / 91 / T

Pazo Casanova

*2013 / Máxima de Casanova / 92 / B

 Pazo de Vieite (Finca Viñoa)

*2013 / Finca Viñoa / 92 / B

Produccións A Modiño

*2013 / Sanclodio / 91 / B

Terra do Castelo

*2012 / Terra do Castelo Selección / 91 / B

Viña Mein

*2013 / Viña Mein / 90 / B

*2012 / Viña Mein Barrica / 94 / B

Viña Costeira

*2013 / Colección 68 de Costeira Treixadura / 90 / B

Viña Reboreda

*2013 / 3 Ura / 94 / B

*2012 / Versatus / 91 / B

 

Lenda: *Colleita / Nome do Viño / Puntos obtidos na Guía ABC  / Tipo de viño